«Matrimonio y mujer en la poesía de las trobairitz»
Autor Víñez Sánchez, Antonia
Título Matrimonio y mujer en la poesía de las trobairitz
Otros autores J. C. Suárez Villegas - R. Lacalle Zalduendo- J. M. Pérez Tomero
Título revista/libro II International Conference Gender and Communication
Ciudad Madrid
Editorial Dykinson
Año 2014
Páginas 919-929
Resumen
Estudo dun texto controvertido e polémico: a tensó entre Na Carenza -dama experimentada- e dúas «doncelas en cabelo», Na Alais e súa irmá Na Iselda. Na composición debátense as vantaxes da vida matrimonial (baixo o dominio do home, pai e esposo) ou a conveniencia da virxindade na vida monacal (baixo o dominio de Deus). A análise lévase a cabo tomando como punto de partida o modo de vida das mulleres da clase aristocrática nos séculos XII e XIII, co repaso á conceptualización do matrimonio na lexislación da época, e detense nos testemuños que supoñen un rexeitamento da maternidade, excepcional na poesía da fin’amors e que deixan albiscar unha posible vinculación cátara. Abórdanse así mesmo as cuestións ecdóticas que lle afectan ao texto (orde das estrofas, número de interlocutoras, etc.). Finalmente, sostense a autoría rigurosamente feminina da tensó
![]()
