El trovador Gonçal'Eanes Dovinhal. Estudio histórico y edición
Autor Víñez Sánchez, Antonia
Título El trovador Gonçal'Eanes Dovinhal. Estudio histórico y edición
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2004
Páginas 334
Colección Verba. Anexo 55
Resumen
Edición das cantigas do devandito trobador, precedida dun estudo preliminar que se divide en catro capítulos. No primeiro analízanse a biografía do autor e as circunstancias históricas que lle tocaron vivir, vinculadas, sobre todo, á reconquista de Murcia e Andalucía e á adquisición do señorío de Aguilar, preto de Córdoba. O segundo capítulo dedícase a cuestións métricas e retóricas das composicións editadas, mentres que o terceiro detense en aspectos codicolóxicos e o cuarto expón os criterios de edición. Polo demais, cada texto vai acompañado, segundo é costume nas edicións críticas da lírica galego-portuguesa, de aparato crítico, análise métrica, comentario temático e retórico e mais unha serie de notas aclaratorias, acompañado todo cunha tradución dos textos ao castelán. Por primeia vez se utiliza o apógrafo da Bancroft Library de Berkeley
![]()
