«Edición crítica de dous documentos de 1418 asinados por Gómez García, notario de Santiago»


Autor Vila Amado, Raquel

Título Edición crítica de dous documentos de 1418 asinados por Gómez García, notario de Santiago

Título revista/libro Cadernos de Lingua

Año 2014

Volumen 35

Páginas 101-133


Resumen
Edición crítica de dous documentos notariais de 1418, conservados no Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela (ACS, LD 28/17) e no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS, L 83/12). Trátase de dous aforamentos outorgados por San Mariño Pinario a Gomez Gago, ambos os documentos redactados polo notario Gómez García, que no seu contido presentan algúns elementos comúns (nome do abade, dos foreiros, das testemuñas, do escribán e o símbolo do notario) e outros diverxentes (lugar, propietarios, renda). Ademais de expoñer os criterios de edición dos textos e a edición, ofrécese unha descrición dos dous manuscritos, unha comparación entre eles e unha contextualización. Na parte final do traballo disponse un apartado de particularidades gráficas e un inventario onomástico. En apéndice reprodúcense os dous documentos manuscritos editados e estudados

Loading