«O riso da dama na lírica galego-portuguesa»
Autor Vieira, Yara Frateschi
Título O riso da dama na lírica galego-portuguesa
Otros autores coord. E. Nunes Esteves - I. Barros Dias - M. Reffóios
Título revista/libro O Riso. Teorizações - Leituras - Realizações
Ciudad Lisboa
Editorial Caleidoscópio
Año 2015
Páginas 197-207
Resumen
A autora reflexiona sobre que podemos pensar cando nun texto medieval lemos referencias ao riso ou o sorriso, tendo en conta a consideración do riso e do sorriso na Antiguidade e por parte dos teólogos medievais. Centrada xa na lírica galegoportuguesa, a autora non analiza a vertente sarcástica do riso, senón o sorriso feminino, benevolente ou de alegria, ao que aluden algunhas cantigas de amor e de amigo. Para responder a cuestións como “como, cando, por que e para quen rían as damas galegoportuguesas?” estuda, non só o léxico de varias cantigas (por exemplo, de Johan Lopez de Ulhoa, Martin Moxa, Johan Soarez Coelho, D. Dinis, Pai Gomez Charinho, Martin Soarez, Pai Soarez de Taveirós, Pero Velho de Taveirós, Pero da Ponte, Johan Perez de Aboim ou Lopo Lias), senón tamén algunhas representacións en pintura, escultura e miniaturas, salientando o aspecto das figuras sorrintes da arte sacra
![]()
