«A via negativa dos trovadores galego-portugueses»


Autor Vieira, Yara Frateschi

Título A via negativa dos trovadores galego-portugueses

Título revista/libro Estudos Portugueses e Africanos

Año 2004

Volumen 43-44

Páginas 55-68


Resumen
Tras o uso e abuso de construcións negativas, lítotes ou da negación expresada «através de um termo exceptivo (em geral se non)», excepción esta que opera como un «isolamento de uma parte (...) que se opõe (nega) às demais partes daquele todo» (ib.) que a autora exemplifica con textos de Nuno Fernandes Mirapeixe, Martin Soares e Pay Soares de Taveiros, suxire a relación entre os trobadores composteláns e o círculo universitario santiagués, fortemente relacionado con París, no que se manexaban, entre outras, as ideas da teoloxía mística do Pseudo-Dionisio Aeropagita, unha teoloxía da negación que serviría para conseguir a unión co inefable; é dicir, coa dama, no mundo cortés. Non se trata de facer dos trobadores teólogos, senón que se intenta demostrar a súa familiariedade coa lingua e os conceptos manexados pola clerecía universitaria

Loading