«A recreación moderna dos cancioneiros na Galiza: ¿trobadores ou xograres?»
Autor Ventura Ruiz, Joaquim
Título A recreación moderna dos cancioneiros na Galiza: ¿trobadores ou xograres?
Otros autores coord. M. J. Lacarra - ed. N. Aranda García - A. M. Jiménez Ruiz - Á. Torralba Ruberte
Título revista/libro Literatura medieval hispánica. «Libros, lecturas y reescrituras»
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2019
Páginas 1097-1110
Colección Instituto Literatura y Traducción, 26. Miscelánea, 13
Resumen
Perdida a memoria da lírica medieval galego-portuguesa (en Portugal despois do Livro das Cantigas; na coroa de Castela despois do Cancioneiro de Baena), o descubrimento dos cancioneiros galego-portugueses no século XIX permitiu recuperala, se ben en Galicia ficou limitada a certos ambientes eruditos. Porén, o acceso dalgúns universitarios á edición de Monaci e a edición das cantigas de amigo feita por Nunes fíxolles descubrir un estilo clásico supostamente enxebre forxado por xograres e trobadores que os imitaron, e que foi reproducido en clave popularista e vangardista, movemento coñecido como Neotrobadorismo. Esta comunicación tenta analizar a dimensión das influencias dos editores oitocentistas e a aparente contradición entre a denominación desta corrente estética e as fontes que lle serviron de inspiración
![]()
