«Portugal e Castela na reconquista cristã e na partilha do mundo: legitimidades, debates, cedências (1249-1494)»
Autor Ventura, Margarida Garcez
Título Portugal e Castela na reconquista cristã e na partilha do mundo: legitimidades, debates, cedências (1249-1494)
Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales
Año 2011
Volumen 29-30
Páginas 87-115
Resumen
Estúdanse os conflitos que foron xurdindo entre estes dous reinos na fase final da Reconquista e nos comezos da expansión ultramarina. Para o estudo da literatura resulta de especial interese o apoio que os sucesivos monarcas buscaron nas crónicas, como medio de lexitimar as súas aspiracións territoriais. Así, a expansión portuguesa ao sur do Texo houbo de enfrontarse á reclamación castelá, que se baseaba na Historia Silense e na adxudicación desas terras ao antigo reino visigodo, que Castela-León dicía representar. A Crónica da conquista do Algarve, pola súa banda, omite deliberadamente que esa rexión meridional fora unha conquista dos monarcas casteláns, mentres que estes reclaman dereitos no norte de África, Ceuta incluída, a partir do De rebus Hispaniae de Ximénez de Rada, que lembraba a pertenza da antiga Tingitana á provincia romana de Hispania. Outros fitos que se repasan son a derrota portuguesa en Tánxer e os tratados de Alcáçovas-Toledo e de Tordesillas
![]()
