«Sintomatología amorosa masculina na cantiga galego-portuguesa e no cancioneiro castelán do século XV. A perduración dun tópico»


Autor Vega Vázquez, Isabel

Título Sintomatología amorosa masculina na cantiga galego-portuguesa e no cancioneiro castelán do século XV. A perduración dun tópico

Otros autores J. Cañas Murillo - F. J. Grande Quejigo - J. Roso Díaz

Título revista/libro Medievalismo en Extremadura. Estudios sobre Literatura y Cultura Hispánicas de la Edad Media

Ciudad Cáceres

Editorial Universidad de Extremadura

Año 2009

Volumen vol. 2 (CD)

Páginas 715-725


Resumen
Repasa os tópicos asociados ao amor hereos, manifestación do amor concibida como doenza anímica ligada á melancolía. A autora ten en conta tanto a tradición lírica galegoportuguesa, como a poesía cancioneril castelá, á que recoñece como herdeira do trobadorismo galegoportugués. O traballo organízase en seis apartados, de acordo cos principais aspectos nos que se adoita dividir a sintomatoloxía da enfermidade amorosa: o insomnio e a perda do apetito; a timidez e a perda da fala; a coita manifestada en saloucos e choros; o deterioro físico, que se reflicte na cor amarela do rostro e na perda de peso; os pensamentos obsesivos e a tolemia; e, finalmente, a morte, que ás veces se anticipa por medio de pensamentos, como os que se derivan do desexo de morrer, para rematar coa dor ou para así servir mellor á dama, ou mesmo como mecanismo para conseguir a compaixón dela. A complexidade tópica que acada este concepto dá conta da súa importancia nas devanditas tradicións líricas peninsulares. Entre os autores galegoportugueses mencionados atópanse Johan Soarez Coelho, Pero d’Armea, Afonso Fernandez Cebolhilha, Pero Garcia Burgalês ou Johan Garcia de Guilhade. Os exemplos en castelán, proceden de pezas do Cancionero de Estúñiga, do Cancionero de Palacio ou do Cancionero Estense, entre outros

Loading