«A representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio galego-portuguesas e na cultura visual románica»


Autor Vázquez García, Tania

Título A representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio galego-portuguesas e na cultura visual románica

Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos

Año 2018

Volumen LXV

Fascículo 131

Páginas 107-131


Resumen
O traballo procede a un estudo das soldadeiras, confrontando os datos que ofrece a lírica trobadoresca coa iconografía das mesmas na escultura de igrexas desa época. Identifica dezaseis cantigas satíricas, nas que se alude directamente a soldadeiras, e advirte contra a tentación de extraer información desas composicións como se fosen documentos históricos e non pezas burlescas, sometidas ás regras da invectiva. Seguen diversas consideracións sobre a identidade desas mulleres, entre as que destaca Maria Balteira, así como sobre a descrición física e moral que delas se fai nas cantigas, onde se vinculan coa luxuria e con condutas reprobables. Na análise iconográfica préstaselle atención á representación nos canzorros e nas portadas das igrexas e saliéntase que, aínda que aparecen asociadas ao baile e ás intepretacións musicais xograrescas, a súa función, positiva ou negativa, depende do lugar que ocupen no conxunto de edificio. Como exemplos adúcense cantigas de Pedr'Amigo de Sevilha, Pero Garcia Burgalês, Joan Baveca ou Pero Mafaldo

Loading