«Meogo 9 versus texts with the motif of a transparent excuse of water clouded by stags or horses: Outlining the proto-model»


Autor Trubarac Matić, Djordjina

Título Meogo 9 versus texts with the motif of a transparent excuse of water clouded by stags or horses: Outlining the proto-model

Título revista/libro Virtual Center of the Study of Galicia-Portuguese Lyric

Año 2014

Volumen 2

Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2014/12/Trubarac-Meogo-Article.pdf


Resumen
A partir dos estudos de Hatto, inserta a cantiga Digades, filha, mha filha velida de Pero Meogo nun conxunto de textos procedentes de diversas tradicións culturais europeas: serbios, bretóns, franceses, lituanos, croatas, búlgaros. Porén, a cantiga galegoportuguesa contén un motivo que restrinxe máis o corpus: o do animal -que pode ser un paxaro, un cabalo ou un cervo- que enturba a auga como excusa para o encontro amoroso. A autora centra a súa pescuda naqueles exemplos nos que é un cervo o que remove as augas, que só se atopa nun conxunto de cinco textos: catro pezas líricas serbias e mais a cantiga de Meogo. Pero así mesmo ten en contra a presenza en poemas búlgaros, bretóns e franceses do motivo co cabalo. Desenvolve, daquela, unha análise comparada deste corpus, nos que se consideran aspectos como a ambientación (con referencias á hora do día e á estación do ano), o diálogo entre a nai e a filla ou entre a rapaza e o mozo, a existencia dunha excusa para achegarse á fonte, a actitude favorable ou hostil da nai, incluíndo acusacións de mentir. Á vista da comparación, propón posibles teorías acerca da orixe do texto galegoportugués e o seu modelo: ben unha peza dramático-narrativa en verso, ben unha canción tradiciónal baseada nun fragmento dramático-narrativo que se converteu en texto de seu a partir motivo do diálogo entre a nai e a filla. Todo apuntaría, en fin, á una orixinaria cantiga tradicional perdida como modelo da cantiga, emparentada en todo caso coa familia textual que representan os outros exemplos europeos

Loading