Tradition des proverbes et des exempla dans l'Occident médiéval / Die Tradition der Sprichwörter und exempla im Mittelalter
Título Tradition des proverbes et des exempla dans l'Occident médiéval / Die Tradition der Sprichwörter und exempla im Mittelalter
Editor edité par / herausgegeben von Hugo O. Bizzarri - Martin Rohde
Ciudad Berlin - New York
Editorial Walter de Gruyter
Año 2009
Páginas 336
Colección Scrinium Friburgense, 24
Resumen
O volume recolle as actas dun coloquio que tivo lugar na Universidade de Friburgo do 15 ao 17 de outubro de 2007 e no que participaron os mellores especialistas de literatura sapiencial e paremiolóxica. O propósito metodolóxico de dito encontro foi o de procurar unha nova perspectiva de análise, baseada na converxencia entre os estudos reunidos na recompilación e ao inventario das formas proverbiais (repertorios, diccionarios, glosarios) e a reflexión teórica que pode desprenderse destes necesarios e útiles traballos de sistematización. O resultado é un interesante conxunto de estudos que abarcan problemas diferentes e distintas áreas lingüístico-literarias: a mediolatina, a francesa, a occitana, a xermánica, a italiana, a galegoportuguesa e a castelá. Como afirma o organizador do coloquio e editor das actas, Hugo O. Bizzarri: «Le colloque a voulu récupérer ce regard d'ensemble que Samuel Singer eut sur le recueil de proverbes médiévaux. Il ne faut pas oublier que la tradition des proverbes et celle des exempla, disséminées a travers toute l'Europe au Moyen Age, ont été deux des manifestations qui ont effacé le plus les frontières politiques et linguistiques de la période. Elles sont ainsi le meilleur reflet de l'unité spirituelle et culturelle de l'Europe médiévale» (p. 23)
![]()
