«Hibridación y creación de una lengua poética: el corpus gallego-castellano»
Autor Toro Pascua, María Isabel - Vallín, Gema
Título Hibridación y creación de una lengua poética: el corpus gallego-castellano
Título revista/libro Revista de Poética Medieval
Año 2005
Volumen 15
Páginas 93-105
Resumen
As autoras reflexionan acerca do lugar que ocupa a poesía galegocastelá no conxunto das tradicións líricas románicas, ao tempo que defenden a superación do modelo de estudo que se aplicou neste ámbito, que se basea na consideración particular de cada tradición lírica e que obvia, a miúdo, a súa pertenza a un marco cultural común. Tras cuestionarse o lugar que a poesía galegocastelá ocupa na evolución da lírica medieval hispana, centran a súa atención na obra de Alfonso Álvarez de Villasandino, o que consideran como o verdadeiro pai da nova poesía cancioneril castelá. Este autor é o renovador do modelo poético tradicional, de base trobadoresca, e, polo tanto, figura ponte que recolle a herdanza galegoportuguesa e a traslada ao novo ámbito cultural da corte de Castela, na que se imporá un tipo de poesía menos interesada nos temas amorosos. A inclusión das súas poesías galegocastelás no Cancioneiro de Baena forma parte dun labor consciente de adaptación artística (e, xa que logo, lingüística) dos vellos usos poéticos, coa intención de facer do castelán unha nova lingua lírica que, porén, había de tomar como referente de autoridade os trobadores galegoportugueses
![]()
