«O galego de Raimbaut de Vaqueiras e o provenzal de Airas Nunes»
Autor Tavani, Giuseppe
Título O galego de Raimbaut de Vaqueiras e o provenzal de Airas Nunes
Título revista/libro A Trabe de Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico
Año 2004
Volumen 60 / XV
Fascículo IV
Páginas 445-453
Resumen
Analiza o recurso ao bilingüísmo ou ao plurilingüísmo no seo da lírica trobadoresca, tanto galega como occitana, tendo en conta o carácter case unanimemente monolingüe, dende o punto de vista literario, dos autores. O autor centra a súa atención no descort plurilingüe de Raimbaut de Vaqueiras e interrógase sobre o grao de coñecemento por parte deste autor tanto da lingua como da lírica galegas. Suxire, ademais, a posibilidade de que Johan Soarez de Paiva desenvolvese un papel fundamental na importación do modelo occitano por parte das cortes peninsulares, grazas á súa condición de vasalo do rei de Aragón, o que lle permitiría acompañar ao seu señor nalgunha viaxe pola Provenza. Así mesmo, detense noutros autores galegoportugueses, como Garcia Mendiz d'Eixo e Airas Nunes, que empregaron o occitano na súa produción poética
![]()
