Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa
Autor Souto Cabo, José António
Título Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa
Ciudad Niterói
Editorial Editora da Universidade Federal Fluminense
Año 2012
Páginas 350
Colección Estante Medieval, nº 8
Resumen
Reconstrúe os primeiros pasos da lírica trobadoresca galegoportuguesa a partir dos datos documentais que se posúen sobre os autores máis antigos coñecidos da devandita tradición lírica. O traballo está estruturado en nove capítulos, nos que se afonda, en primeiro lugar, na liñaxe galega dos Velaz, emparentada cos Traba, máis tamén coas familias catalás dos Cabrera, dos Minerva e dos Urgell; en Johan Soarez de Paiva e as súas relacións coas terras de Zamora e norte de Portugal. A este capítulo inicial séguenlle, sucesivamente, un estudo sobre a identificación de Osoir'Anes de Nóvoa, a súa vinculación co mosteiro de Bóveda, no concello ourensán de Amoeiro, e coa familia dos Traba e o seu lugar entre outros trobadores destas primeiras xeracións, como Pedro Pais Bazoco, Pero Garcia d'Ambroa, Johan Soarez Somesso; o grupo dos primeiros trobadores miñotos, entre eles algúns dos xa citados, ademais de Fernan Paez de Tamallancos, Airas Moniz d'Asme e Diego Moniz; a orixe galega de Rodrigo Diaz de Cameros, Garcia Mendiz d'Eixo e Pero Rodriguez de Palmeira, ligados unha vez máis á casa dos Traba; a identificación do Don Juano, que menciona a Tavola Colocciana, con nobre compostelán Juião Perez; a corte de Rodrigo Gomez de Traba e os trobadores que a frecuentaron; e, en fin, a presenza de nobres galegos na corte leonesa e o papel que desenvolveron na importación do modelo estético e ideolóxico do trobadorismo occitano ás terras do oeste e do centro peninsular. As seccións finais do volume están ocupadas por dous apéndices: un que reproduce as xenealoxías das principais liñaxes analizadas previamente e outro que reproduce corenta e un textos documentais e literarios complementarios dos datos expostos nas páxinas anteriores. O volume péchase cun apartado no que se enumeran as fontes bibliográficas utilizadas
![]()
