«Martim Codax e o fenómeno jogralesco na Galiza sul-ocidental»
Autor Souto Cabo, José António
Título Martim Codax e o fenómeno jogralesco na Galiza sul-ocidental
Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo
Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval
Ciudad Amsterdam - Philadelphia
Editorial John Benjamins Publishing Company
Año 2018
Páginas 83-101
Resumen
Tras unha revisión das teorías que se formularon sobre a orixe de Martin Codax e do seu apelido, analízase o grupo de autores de cantigas de santuario que forman parte da sección cancioneiril coñecida como Cancioneiro de xograres galegos. Observa que dun corpus de trinta e tres autores que forma o devandito cancioneiro, a terceira parte, é dicir once están vinculados ao suroeste de Galicia; e, se se consideran só aqueles xograres que compuxeron cantigas de santuario, a porcentaxe sobe ata o sesenta por cento. Suxire a existencia dunha escolma desas pezas ambientadas en ermidas, o que á súa vez supón que se desbotou outra produción deses autores, tamén de Martin Codax, por non se adecuaren ao canon desa modalidade lírica. Finalmente propón a figura de Pai Gomez Charinho como impulsor dese corpus, tanto polas súas ligazóns co suroeste galego, como polo seu papel de relevo na corte de Sancho IV
![]()
