«En Santiago, seend’albergado en mia pousada. Notas trovadorescas compostelanas»
Autor Souto Cabo, José António
Título En Santiago, seend’albergado en mia pousada. Notas trovadorescas compostelanas
Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Año 2012
Volumen 39
Páginas 273-298
Resumen
Reconstrúe o contexto histórico no que desenvolveron a súa actividade diversos autores galegoportugueses de mediados do século XIII. Por unha banda, a documentación contida no Tombo C do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela ofrece novos datos sobre dous cregos desa cidade, Pai da Cana e Sancho Sanchez. Por outra, unha carta procedente do Arquivo Nacional da Torre do Tombo de Lisboa, que se redactou na curia de D. Afonso III o Bolonhês e que está datada en Lisboa, en 1265, contén os nomes de cinco trobadores: Fernan Fernandez Cogominho, Johan Lopez d’Ulhoa, Johan Perez d’Aboim, Johan Sanchez Coelho e Pedro Fernandez d’Ornelas. O rechamante deste grupo de autores é que, agás o derradeiro, todos eles ocupan lugares moi próximos na tradición cancioneiril, de aí que sexa razoable pensar na existencia dalgunha compilación con pezas de autores da corte do Bolonhês, incorporada logo á tradición textual que desembocou nos grandes cancioneiros galegoportugueses. Os documentos analizados reprodúcense en apéndice ao final do traballo
![]()
