«En cas da Ifante. Figuras femininas no patrocínio da lírica galego-portuguesa (I)»


Autor Souto Cabo, José António

Título En cas da Ifante. Figuras femininas no patrocínio da lírica galego-portuguesa (I)

Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín

Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2016

Páginas 857-870


Resumen
Reconstrúe a personalidade que se agocha tras a infanta mencionada por Johan Romeu de Lugo na súa única cantiga. Trataríase de Sancha, filla primoxénita de Afonso IX de León, que foi desposuída dos seus dereitos ao trono, igual que lle sucedeu a súa irmá Dulce, polo seu medio irmán Fernando III de Castela. Na súa contorna estarían trobadores como Lopo Lias, Nuno Rodriguez de Canderei ou García Mendiz d'Eixo. O primeiro deste autores, por exemplo, aludiría nalgunha das súas cantigas satíricas ao Tratado de Benavente, polo que as fillas de Afonso IX foro desprazadas do poder, mentres que o segundo foi fillo dun dos tenentes do castelo de Canderei, unha das fortalezas galegas que o devandito pacto lle outorgaba a Sancha. Esta, ademais, estaba emparentada, a través de seu pai, coa casa de Barcelona, pois a súa avoa Dulce foi muller de Sancho I de Portugal e irmá de Afonso II de Aragón. Todo apuntaría, daquela, cara a unha implicación directa da infanta na promoción das xeracións trobadorescas da primeira metade do século XIII

Loading