Cantigas de madre galego-portuguesas (Estudo de xéneros das cantigas líricas)


Autor Sodré, Paulo Roberto

Título Cantigas de madre galego-portuguesas (Estudo de xéneros das cantigas líricas)

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia

Año 2008

Páginas 243


Resumen
O autor reconsidera o corpus poético que constitúe o xénero da cantiga de amigo, xa que, de acordo coas indicacións da Arte de trobar e o criterio da voz da enunciación poética como marca de xénero, quedarían excluídas de teles cantigas ata oitenta composicións. Destas, vinte e sete corresponderían ás devanditas cantigas de madre, posto que nelas é a nai da amiga a protagonista e a primeira que asume a voz enunciativa. Xunto á análise desas composicións, das que se establecen os seus trazos de caracterización xenérica, o presente traballo aborda así mesmo cuestións relativas á figura da nai, como o seu tratamento na lírica trobadoresca ou a relación que existe entre ese personaxe e o tratamento que lle deron á nai os textos historiográficos, xudiciais e didácticos desa época. Ademais, o autor cuestiónase se a figura central destas cantigas de madre pode ser considerada unha protagonista da cantiga de muller

Loading