«Music and Musical Performance in the Texts of Alfonso X's Cantigas de Santa Maria»
Autor Snow, Joseph
Título Music and Musical Performance in the Texts of Alfonso X's Cantigas de Santa Maria
Otros autores M. Pletsch
Título revista/libro Analizar, interpretar, hacer música de las Cantigas de Santa María a la organología. Escritos in memoriam Gerardo V. Huseby
Ciudad Buenos Aires
Editorial Gourmet Musical Ediciones
Año 2013
Páginas 189-207
Resumen
O autor toma en consideración a condición de Afonso X como novo rei David, que compón música en honra de María e que actúa como xograr seu, pero que tamén concibe a música e o baile como un medio de acadar a súa salvación persoal. Partindo deste presuposto, organiza o seu traballo en tres apartados, que corresponden a outras tantas vías de análise a través das que coñecer a dimensión performativa das Cantigas de Santa María: alusións ao canto e aos seus interpretes, tanto o canto en xeral como o que se realiza na misa, o canto de himnos, antífonas e outras pezas litúrxicas; referencias ás composicións e aos autores que as elaboran, entre os que se atopa, claro, o propio Rei Sabio; e, por último, alusións ao baile e aos instrumentos musicais. As devanditas referencias aparecen en cento e vinte e seis pezas do cancioneiro afonsino, o que supón case o trinta por cento do total. Isto revela a importancia que este aspecto ten dentro das Cantigas de Santa Maria
![]()
