«Santiago, miles Christi: imagen triunfal y símbolo de la Reconquista»
Autor Singul, Francisco
Título Santiago, miles Christi: imagen triunfal y símbolo de la Reconquista
Otros autores S. Gutiérrez García - S. López Martínez-Morás
Título revista/libro El culto jacobeo y la peregrinación a Santiago a finales de la Edad Media. Crisis y renovación
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2018
Páginas 223-244
Resumen
Traza un percorrido evolutivo da figura do Apóstolo, para mostrar como se formou a súa imaxe de santo guerreiro. Remóntase ao miragre da toma de Coimbra, recollido na Historia Silense e no Codex Calixtinus, que xa esbozan esa faceta militarista. Nos séculos posteriores continúan ese labor a Chronica Najerensis, o Chronicon Mundi de Lucas de Tui e a Historia de rebus Hispaniae de Ximénez de Rada. O aproveitamento por parte da sé compostelá do miles Christi apostólico reflíctese no Privilexio dos votos de Santiago, que se divulga dende mediados do século XII. Máis tarde, a constitución da Orde de Santiago perfila a ideoloxía cabaleiresca e a ligazón coa empresa da Reconquista, que dirixen os reis castelán-leoneses. O panorama remata con alusións ás estratexias de promoción do Santiago guerreiro durante os séculos finais da Idade Media, nas que xa destacara o arcebispo Berenguel de Landoira, aínda que tamén se alude á iconografía da época e aos relatos de viaxeiros estranxeiros a Compostela, como León de Rosmithal
![]()
