«Un libro de aniversarios de la colegiata de Santiago de Coímbra. Contribución al estudio del culto del Apóstol en la Edad Media»


Autor Santos, Maria José Azevedo

Título Un libro de aniversarios de la colegiata de Santiago de Coímbra. Contribución al estudio del culto del Apóstol en la Edad Media

Título revista/libro Ad Limina

Año 2018

Volumen 9

Fascículo 9

Páginas 185-224


Resumen
Aínda que o libro que se estuda contén información dos séculos XIV e XV, a autora contextualízao nunha tradición de devoción xacobea e de relacións xurídicas e relixiosas, que se desenvolvería en Coimbra dende alomenos o século IX. Como proba desas relacións continuadas preséntase o exemplo da peregrinación a Compostela da raíña Santa Isabel, que partíu de Coimbra e regresou a esa mesma cidade; ou tamén, a construción da igrexa de Santiago, na Baixa coimbrá, que foi edificada no século XII sobre un templo anterior. A obra que se presenta é precisamente o Libro de aniversários desa igrexa colexiata e parroquia, constituída por trinta e cinco folios nos que se rexistran os pasamentos e cabodanos dos fieis, pero que serve tamén como espello da vida dos cidadáns de Coimbra a finais da Idade Media. Atópanse, en efecto, indicacións sobre os oficios dos fieis, as súas prácticas devocionais e funerarias, o tecido urbano coimbrán ou a organización do camposanto parroquial. A segunda parte do traballo ofrece a transcrición do Libro de aniversários

Loading