«O protagonismo feminino na lírica galego-portuguesa. Entre historia e literatura»


Autor Santiago Gómez, Carmen de

Título O protagonismo feminino na lírica galego-portuguesa. Entre historia e literatura

Otros autores E. Corral Díaz

Título revista/libro Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción

Ciudad Berlín - Boston

Editorial De Gruyter

Año 2018

Páginas 353-361


Resumen
Tendo en conta que o convencionalismo da lírica galegoportuguesa limita en moito o emprego de léxico destinado á descrición e á identificación das figuras femininas, mesmo nos xéneros satíricos, resultan salientables aqueles textos en que si se presentan mulleres concretas. Dentro dese corpus, a autora escolle as composicións nas que o referente feminino desenvolve unha función central na cantiga, o que lle confire a esta un certo grao de orixinalidade, na medida en que contraveñen o sistema de tópicos poéticos. A análise á que procede vai identificando quen eran as mulleres que son mencionadas nesas cantigas, ao tempo que observa que, alomenos no rexistro amoroso, tratouse dun recurso moi restrinxido, vinculado a unha tendencia renovadora do canto trobadoresco. O que subxacería nestas alusións a personaxes femininos concretos é a intención de loar ou atacar as liñaxes ás que pertencían esas mulleres. Cítanse cantigas de Pai Soarez de Taveiros, Roi Queimado, Vasco Rodriguez de Calvelo, Johan Garcia de Guilhade e Martin Soarez

Loading