«Regesta pontificia medieval de la iglesia de Santiago de Compostela (1095-1417)»
Autor Sánchez Sánchez, Xosé M
Título Regesta pontificia medieval de la iglesia de Santiago de Compostela (1095-1417)
Título revista/libro Compostellanum. Revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela
Año 2016
Volumen 61
Fascículo 1-4
Páginas 115-331
Resumen
O presente traballo forma parte dun proxecto máis amplo, consistente na elaboración da Colección de Documentación Pontificia Medieval da Igrexa de Santiago de Compostela. Como paso previo á edición dos documentos que conforman a devandita colección, preséntase o rexesto dos mesmos, que proceden dos fondos do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela, do Archivo Secreto Vaticano e do Archivo Histórico Nacional. Tamén se teñen en conta documentos incluídos en coleccións como a Patrologia Latina de Migne, a España Sagrada do padre Enrique Flórez, o Magnum bullarium Romanum, xunto a outras edicións documentais menores. O autor ten en conta para a súa clasificación só aqueles documentos que fosen expedidos por pontífices e dirixidos a membros da igrexa compostelá e dentro dun arco cronolóxico que se extende entre 1095, data en que a sé de Iria Flavia se traslada a Compostela, e 1417, cando o concilio de Constanza resolve o Cisma de Occidente. O rexesto, que constitúe a parte máis extensa do traballo, abrangue daquela setecentas trece referencias documentais
![]()
