«O Ancián 23»


Autor Salgado, José M.

Título O Ancián 23

Otros autores M. Arbor Aldea - F. Luengo - J. M. Salgado - F. Singul

Título revista/libro O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago

Ciudad A Coruña

Editorial Editorial Canela

Año 2021

Páginas 15-31


Resumen
Capítulo introdutorio na obra O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago. Nestas páxinas introdutorias, faise alusión ao contexto histórico-político en que se desenvolve a produción trobadoresca e, así mesmo, lémbranse algúns dos aspectos que influíron no esplendor creativo da música litúrxica. Xustificando o título do capítulo, trátase en particular dun dos personaxes do Pórtico da Gloria; en concreto, da enigmática figura recoñecida como “Ancián 23”. Segundo as explicacións do autor, tendo en consideración a data de 1188, gravada no Pórtico, tal figura poderá verse como representación do novo rei, Afonso VIII de Galicia e IX de León. Ademais, Salgado repara na inscrición localizada na parte inferior dos linteis, chamando a atención para a singularidade da súa formulación, pois ofrece máis información da habitual e reproduce a data do 1 de abril de 1188. Considerando que Fernando II debeu ser sepultado na catedral entre xaneiro e abril dese mesmo ano, e que este monarca foi quen asumira o padroado da construción da catedral outorgando unha renda vitalicia ao Mestre Mateo, o investigador propón unha relectura da referida inscrición como mensaxe póstuma dirixida ao benfeitor, a cal, ante a presenza do novo rei, permitiría afianzar o vínculo entre a institución monárquica e a igrexa de Compostela

Loading