«Hospites seu Peregrini: itinerarios de peregrinación en la alta Edad Media (850-1150)»
Autor Rucquoi, Adeline
Título Hospites seu Peregrini: itinerarios de peregrinación en la alta Edad Media (850-1150)
Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales
Año 2011
Volumen 29-30
Páginas 15-47
Resumen
Estúdase o sistema de acollida e hospitalidade que xurdiu arredor das rutas xacobeas, centrándose na documentación relacionada con tales establecementos, como medio para coñecer os cambios que sofreu a peregrinación ao longo dos séculos. Así, nun primeiro período a acollida está en mans da Igrexa, que habilita sobre todo, para tal labor, mosteiros e templos. A partir do século XI a peregrinación faise un fenómeno máis complexo, no que tamén exercen a hospitalidade os bispos e os monarcas. Este cambio foi acompañado dunha redefinición das rutas a Compostela, xa que as que transcorren por vías terrestres, sobre todo o Camiño Francés, gañan importancia en detrimento dos camiños marítimos. Nesta mudanza contribuíron tanto a vontade das novas instancias de poder interesadas, como a promoción literaria, a través, entre outras obras, da Crónica do Pseudo-Turpín, co relato da peregrinación de Carlomagno, ou a Guía de peregrinos do Codex Calixtinus. Xa antes, a mediados do século X, estas transformacións reflectíranse no léxico empregado para designar os camiñantes a Santiago, xa que, se antes o termo peregrinus se usaba na designación dos forasteiros de paso, a partir de entón especialízase en nomear aos que viaxan a esa cidade con fins espirituais
![]()
