«Música y poesía en la lírica medieval»
Autor Rossell Mayo, Antoni
Título Música y poesía en la lírica medieval
Otros autores V. Válcárcel Martínez - C. Pérez González
Título revista/libro Poesía Medieval (Historia literaria y transmisión de textos)
Ciudad Burgos
Editorial Fundación Instituto Castellano y Leonés de la Lengua
Año 2005
Páginas 287-304
Colección Beltenebros, 12
Resumen
Pon de manifesto un proceso de construción lírica que é utilizada de forma sistemática no mundo cultural medieval, pero tamén no ámbito relixioso e, sobre todo, no político. Trátase dun sistema de comunicación a partir dunha linguaxe medieval panrománica e plurilingüística: a linguaxe musical, usada de forma consciente e voluntaria con intención metatextual e metapoética tanto no eido litúrxico como no cortesán. Estuda os contrafacta ou imitacións melódicas, para ver a súa posible intencionalidade metamelódica, que non se reduciron ao ámbito trobadoresco ou dos trouvères, senón que abranguen tamén o repertorio latino e o dos minnesänger. Estuda a elección duns determinados modelos líricos en composicións do repertorio occitano e galego-portugués (Afonso X), concluíndo que a elección ou imitación métrico-melódica non é gratuíta, senón que os autores aproveitan a carga de significado das melodías para proveer aos seus textos cun matiz engadido que o público identifica e recoñece máis rapidamente que o intertextual. Os matices son, nos exemplos presentados, políticos, ideolóxicos, relixiosos ou místicos
![]()
