«Tradição e inovação no cancioneiro de amigo de D. Dinis»
Autor Roque, Ana Raquel Baião
Título Tradição e inovação no cancioneiro de amigo de D. Dinis
Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull
Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2019
Volumen 1
Páginas 439-448
Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10
Resumen
No seo do corpus da cantiga de amigo, os cantares de D. Dinis son paradigmáticos, non só polo seu número, senón tamén e sobre todo porque, xurdindo no crepúsculo do período trobadoresco, o rei sintetiza neles as principais características da poesía galegoportuguesa, enriquecendo, simultaneamente, o cancioneiro de amigo con notables trazos de orixinalidade. De feito, se na súa produción poética de voz feminina D. Dinis asimila e recrea recursos formais, retóricos e temáticos xa utilizados por outros trobadores ibéricos e cristalizados na lírica galegoportuguesa, por outro lado é óbvio o seu intento de introducir elementos novos no cancioneiro de amigo, non só no nivel formal -a través do emprego de certos recursos non tan comúns nas cantigas deste xénero, como o dobre, o mozdobre ou a palabra-rima- senón tamén no que se refire ao contido, incluíndo nas súas composicións perfiles femininos, temas e motivos orixinais. No seu afán de anovar o canon da cantiga de amigo, o rei recorreu mesmo á recreación de modelos estranxeiros (como, por exemplo, a malmaridada), á intertextualidade con outros textos galegoportugueses ou de alén Pireneos e ata a notables xogos de ecos e respostas entre os seus cantares de amor e de amigo. No presente traballo analízase como se procesa ese compromiso entre tradición e innovación que tan característico resulta do cancioneiro de amigo do rei trobador
![]()
