«La pastorela medieval francesa y su posteridad»
Autor Ricketts, Peter T.
Título La pastorela medieval francesa y su posteridad
Título revista/libro Archivum. Revista de la Facultad de Filología
Año 2011-2012
Volumen 61-62
Páginas 339-376
Resumen
Análiza o desenvolvemento da pastorela occitana e da pastourelle francesa dende a Idade Media ata os nosos días. Ricketts chama a atención sobre o nome do xénero, aducindo que o térmo "pastora" non se atopa en ningún dos textos medievais. Indica, seguindo a Paden, algunhas diferenzas entre os textos occitanos e os de oïl, no que atinxe á victoria sexual do cabaleiro sobre a pastora, pero tamén referidas á cantidade de textos conservados entre o norte e o sur de Francia. Lembra que as orixes do xénero poderían estar xa na poesía bucólica do latín clasico, nas Églogas de Virxilio, no Cantar dos Cantares ou nunha Invitatio Amice latina. Partiríase, así, duhna temática básica, que é a do encontro da dama e o cabaleiro, para evolucionar cara a un modo máis dramático, o do motete, onde finalmente predominaría a música. Co xurdimento das grandes cidades, a atención dos autores volvería ao tema pastoril, coa fin de salientar a pureza da vida rural, facendo que a pastorela se convertise en pastoril, como no Dit de Christine de Pizan. Máis tarde, algunhas obras, como o Don Xoán de Molière, retomarán o modelo inicial e, xa no século XIX, autores como Baudelaire ou Nerval, reelaborarán o tema a través do encontro coa dama mentres pasea pola rúa. Finalmente, no século XX, Zone, de Apollinaire, podería considerarse, segundo o autor, unha pastorela, e Les Sabots d´Hélène, de Brassens, como unha obra, na que se volve á tradición orixinal do xénero
![]()
