«Sabean quantos este liuro virem... A recepción galega do legado historiográfico e haxiográfico do Rei Sabio na primeira metade do século XIV»


Autor Pichel, Ricardo

Título Sabean quantos este liuro virem... A recepción galega do legado historiográfico e haxiográfico do Rei Sabio na primeira metade do século XIV

Otros autores J. M. Andrade - S. R. Doubleday

Título revista/libro Galicia no tempo de Afonso X

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Consello da Cultura Galega

Año 2021

Páginas 299-354


Resumen
Estuda a pegada que deixou o labor cultural de Afonso X dentro e fóra do seu reino no que atinxe a outros eidos que non foron o da lírica, prestándolle especial atención a dous deles, a historiografía e a haxiografía. Deste xeito, a primeira parte do traballo detense na recepción que o modelo de crónica universal, que representa a General estoria, acadou no occidente peninsular (Galicia e Portugal). Analízanse, xa que logo, dous dos testemuños derivados desa tradición historiográfica, a versión galega que contén unha tradución parcial da primeira parte da General estoria, así como a Historia troiana así mesmo galega. Polo que se refire á tradición xerada pola Estoria de España, préstase especial atención á recepción da Versión amplificada, que foi elaborada xa no reinado de Sancho IV, xunto coa que se coñece como Crónica xeral galega, que contén o ms. 8817 da BNE. Un apartado no que se examinan as redes de mecenado que deron lugar á composición de obras historiográficas, dá paso á segunda parte do traballo, dedicada á difusión da produción haxiográfica e, en concreto, ás Vitae Sanctorum de Bernardo de Brihuega. Desta obra, que tivo unha primeira redacción en latín e que logo foi traducida a castelán, posiblemente para ser incluída nas crónicas afonsíes ou nas Partidas, destácase a súa difusión tanto en Castela e Portugal como, talvez, en Galicia

Loading