«El coto de Casasoá (Maceda, Ourense) en la Edad Media: estudio y colección documental»


Autor Pérez Rodríguez, Francisco Javier

Título El coto de Casasoá (Maceda, Ourense) en la Edad Media: estudio y colección documental

Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos

Año 2021

Volumen LXVIII

Fascículo 134

Páginas 157-186


Resumen
Edita o fondo documental do archivo do pazo ourensán de Casasoá, situado na freguesía de Santiago de Zorelle, en Maceda, e que está composto de tres pergameos do século XV. A transcrición dos mesmos realizouse seguindo as normas dos Gallaecia Monumenta Historica (GMH). Un deles, de 1454 recolle o vencemento dunha débeda, saldada coa entrega da pousa de Casasoá e os bens e o señorío adxuntos; no segundo rexístrase unha venda; e no terceiro, de 1498, figura o repartimento das rendas do lugar entre o seu titular, un cóengo da catedral de Ourense, de nome Xoán Arias, e os seus tres cuñados. Ademais da edición dos documentos, trázase a historia do couto de Casasoá, que foi creado nun momento indeterminado, durante o século XIII, e cuxo primeiro posuidor foi Paio Arias de Ambía ou algún dos seus herdeiros. Préstase especial atención ás circunstancias históricas que viviu o couto no século XV e que se reflicten na redacción dos documentos editados. Casasoá preséntase como exemplo de pequeno señorío que conseguiu sobrevivir moito despois da Idade Media e que a mediados do século XVIII aínda mantiña a súa xurisdición independente, conservándose mesmo hoxe en día o pazo, aínda que fose reedificado entre finais do século XVIII e o XIX

Loading