A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Bruno
Autor Pérez Barcala, Gerardo
Título A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Bruno
Ciudad A Coruña
Editorial Fundación Barrié de la Maza
Año 2013
Páginas 712
Colección Biblioteca Filolóxica Galega | Instituto da Lingua Galega
Resumen
Edición crítica da devandita obra, conservada nun único manuscrito, o MSS/23076 da Biblioteca Nacional de Madrid. O estudo preliminar aborda a contextualización da obra orixinal, o De medicina equorum, que foi composta na corte de Federico II de Sicilia, cunha reconstrución da biografía de Giordano Bruno, o seu autor. Séguelles unha análise da versión galega, así como da difusión dos tratados de veterinaria equina na Península Ibérica, tradición na que se inserta o texto editado. Fronte a outras propostas críticas, como as de Domínguez Fontenla he pensado Tomé, que propoñen un texto achegado á transcrición paleográfica, a presente edición opta pola regularización gráfica, ao tempo que se serve doutros testemuños non ibéricos da tradición textual para emendar certas pasaxes conflitivas do texto galego. A importancia da obra reside non só en que constitúe o único exemplar deste xénero de tratados que se conserva en galego medieval, senón, como lembra o seu editor, na riqueza do vocabulario empregado e nas súas complexidade e singularidade, o que lle engade valor dende o punto de vista lingüístico
![]()
