«A singularidade do Cancioneiro da Ajuda e o «desvío» galego»
Autor Pena, Xosé Ramón
Título A singularidade do Cancioneiro da Ajuda e o «desvío» galego
Título revista/libro O Cancioneiro da Ajuda cen anos despois. Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Xunta de Galicia
Año 2004
Páginas 485-496
Resumen
Propón como método de análise das composicións do Cancioneiro da Ajuda o que denomina «modelo social de lectura», que teña en conta as circunstancias de produción dos textos, pero tamén o proceso comunicativo asociado á súa recepción. Para isto, estuda a pegada da poesía occitana nas cortes rexias e señoriais do centro e occidente peninsulares, a vinculación entre as propostas da poética galegoportuguesa e as estruturas sociais da época, no que atinxe tanto ás aspiracións da pequena nobreza como ás súas dificultades para contraer matrimonio, e, en fin, as condicións nas que se levou a cabo unha compilación como o Cancioneiro da Ajuda, xunto á súa ubicación na tradición textual da lírica galegoportuguesa. Para o que afecta a este último aspecto, por último, sostén que Ajuda sería unha copia do Segundo Cancioneiro Aristocrático (de Amor)
![]()
