«A occidentalización do cantar trobadoresco (II parte)»
Autor Pena, Xosé Ramón
Título A occidentalización do cantar trobadoresco (II parte)
Título revista/libro A Trabe de Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico
Año 2012
Volumen 92
Fascículo 4
Páginas 531-553
Resumen
Continuación do estudo comezado en A Trabe de Ouro, 91 / III, ano XXIII (2012), pp. 351-369. Nesta segunda parte céntrase na análise dos inicios da poesía galegoportuguesa, revisando para iso as teorías folclórica e litúrxica, que se elaboraron sobre as orixes da lírica románica. As observacións do autor, arredor da primeira xeración trobadoresca peninsular, teñen en conta as propostas previas de A. Resende de Oliveira e J. C. Ribeiro Miranda, coas que non sempre coincide, pero tamén coas máis recentes de J. A. Souto Cabo e Y. Frateschi Vieira. Conclúe que o posible contacto entre as tradicións líricas occitana e galegoportuguesa, que explicaría a eclosión do trobadorismo cortés no Occidente peninsular, non se levou a cabo en terras do centro da Península, tal e como sostiñan os dous investigadores portugueses, senón en territorio de lingua galega. As últimas consideracións do traballo están dedicadas ao papel da muller na sociedade feudal e na poesía trobadoresca
![]()
