«Facerse presentes. As mulleres da familia real castelá e o reino de Galicia na culminación plenomedieval»
Autor Pelaz Flores, Diana
Título Facerse presentes. As mulleres da familia real castelá e o reino de Galicia na culminación plenomedieval
Otros autores J. M. Andrade - S. R. Doubleday
Título revista/libro Galicia no tempo de Afonso X
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Consello da Cultura Galega
Año 2021
Páginas 221-241
Resumen
Analiza o papel desenvolvido polas mulleres da familia real á luz da información ofrecida pola documentación da época que se refire a Galicia, tendo en conta os estudos sobre rexinalidade. Para íso, a autora alude ás función que asumían as figuras femininas na corte e estuda o contido dunha serie de documentos solemnes (por exemplo, os privilexios), nos que se reflicte a representación dos integrantes da monarquía ante as institucións galegas. A pesar de que a documentación ofrece información relativamente escasa sobre as mulleres da familia real, atópanse referencias, entre outras, á raíña Violante e a súa vinculación co mosteiro das clarisas de Allariz; á raíña Berenguela de León, xunto a súas fillas, as infantas Dulce e Sancha; ou ás raíñas Beatriz de Suabia e Xoana de Ponthieu. Saliéntase o papel que asumiron as mulleres no xurdimento e difusión da lírica galegoportuguesa dende o reinado de Fernando III, e mesmo xa antes, coa chegada de Leonor Plantagenêt. Algunha desas mulleres incluso serían destinatarias de cantigas trobadorescas, como as que Pero Garcia Burgalês ou Pero da Ponte lles dedicaron a Beatriz de Suabia ou as que Johan Zorro e Gonçal'Eanes do Vinhal lle dirixiron a Xoana de Ponthieu
![]()
