«"De francés en castellano": la tradición manuscrita de la Crónica troyana de Alfonso XI»
Autor Pascual-Argente, Clara
Título "De francés en castellano": la tradición manuscrita de la Crónica troyana de Alfonso XI
Título revista/libro Troianalexandrina
Año 2020
Volumen 20
Páginas 23-58
Colección DOI 10.1484/J.TROIA.5.122511
Resumen
Estudo sobre a difusión da materia troiana no centro e no occidente peninsulares a partir do contido do códice da Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander, que contén a coñecida como Historia troyana bilingüe. O punto de partida está na miniatura do f. 22r, que representa unha escena -o rei Pedro I ordena a tradución do francés ao castelán do texto que acompaña a imaxe-, que non se corresponde co contido do volume. A análise do mesmo permite reformular as relacións existentes entre a Historia troyana, a Crónica troyana, a Historia troyana polimétrica, así como da obra analizada respecto aos textos franceses de orixe e a tradución do Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure, non conservada, pero realizada en zona occidental, que serviría de antecedente aos textos anteriores. O traballo detense, ademais, nas condicións históricas que levaron á composición da obra, como parte dun proxecto rexio que se manifestaría na confección do códice santanderino, para o cal se teñen en conta as relacións dos textos con Pedro I ou con Fernán Pérez de Andrade. Tamén se consideran o medio de produción textual ou a lingua en que se escribiría a tradución peninsular orixinaria, así como a presenza de occidentalismos nos textos conservados na actualidade
![]()
