«Parodia metaliteraria y teoría de los géneros. La poética de la novella»
Autor Paredes, Juan
Título Parodia metaliteraria y teoría de los géneros. La poética de la novella
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell’Orso
Año 2013
Páginas 55-67
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
O autor comeza cunhas reflexións teóricas acerca do concepto de parodia, dos recursos que se lle asocian e de como estes se articulan na configuración dos xéneros literarios. Tales consideracións teñen en conta traballos previos do autor, centrados nas composicións paródicas da lírica galegoportuguesa, é dicir os coñecidos como escarnios de amor e escarnios de amigo. A continuación, aplícalle esa bagaxe teórica a varios dos contos da cuarta xornada do Decameron, como o do mozo que vive illado do mundo, pero que cae seducido pola beleza feminina, ou a novella de madonna Oreta, ambos remontables á tradición oriental. A pertinente análise lingüística destes textos, centrada nunha serie de vocábulos e expresións claves, revela a súa dimensión paródica e descobre algúns dos preceptos poetolóxicos do xénero das novelle
![]()
