«Galego, Galego, outren irá comego". Galicia en las cantigas satíricas de Alfonso X»
Autor Paredes, Juan
Título Galego, Galego, outren irá comego". Galicia en las cantigas satíricas de Alfonso X
Otros autores M. Brea - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Afonso X e Galicia
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia
Año 2021
Páginas 431-446
Resumen
O autor sostén que Afonso X mantivo unha actitude contraria a Galicia, que probarían, por exemplo, certas omisións na documentación a personaxes, lugares ou institucións galegas ou, tamén, a súa decisión de non peregrinar a Santiago, rompendo unha práctica que estableceran os seus antecesores. Esta postura, que entre outras razóns estaría condicionada polas malas relacións que mantivo coa mitra compostelá, influíu tamén no tratamento dos personaxes galegos que aparecen na súa produción satírica. Nelas alúdese, xa que logo, ao conflito con Compostela, ás tensións creadas na elección dun novo arcebispo ou ás relacións da sé coa frustrada elección de Afonso como emperador. Entre os personaxes que aparecen nas cantigas analizadas cóntanse Pero da Ponte, Paio Gomez Charinho, un certo don Arias, que podería ser Johan Airas de Santiago, un dubidoso Pero Garcia ou Maria Perez Balteira, a célebre soldadeira
![]()
