«Madres, padres e hijos pequeños en las Cantigas de Santa María. Modelos e interrelaciones»
Autor Nora Arroñada, Silvia
Título Madres, padres e hijos pequeños en las Cantigas de Santa María. Modelos e interrelaciones
Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales
Año 2005
Volumen 19-20
Páginas 109-125
Resumen
A autora parte das teses de Philippe Ariès a cerca das ideas sobre a infancia na Idade Media, segundo as cales esta non se concibiría como unha etapa vital individualizada e con características propias, e intenta aplicalas ao corpus mariano afonsí. Para este propósito, fíxase na dobre dimensión maternal que ofrece a citada colección miraculística: unha trascendente, que proporciona María, en tanto que nai de Xesús e do xénero humano, e outra, máis material, exemplificada por escenas que se extraen da realidade contemporánea e que aparecen nos diversos relatos que conforman a obra. Repásanse a continuación diferentes aspectos relacionados coa maternidade, como a esterilidade, as relacións de afecto entre nai e fillo, a morte, a figura da nodriza ou, por contraposición, figuras que representen o modelo parterno. Conclúe constatando a presenza dunha forte compoñente de afectividade nas relacións materno e paternofiliais, con evidentes similitudes cos modelos de comportamento que ofrece a sociedade actual
![]()
