«Non-protagonists saints mentioned in the Cantigas de Santa Maria: a view»


Autor Negri, Manuel

Título Non-protagonists saints mentioned in the Cantigas de Santa Maria: a view

Título revista/libro Aevum

Año 2017

Volumen 91

Fascículo 2

Páginas 515-535


Resumen
O autor ocúpase de varios santos, personaxes que non son protagonistas, pero que están presentes nas Cantigas de Santa Maria de Afonso X e que actúan como intercesores entre o ámbito humano e o divino. Trata de indagar cales son as funcións e os papeis destes santos e para iso detense nun primeiro grupo, o dos personaxes doutrinais e testamentarios, entre os que destacan San Gabriel e San Mateo. Tamén examina, noutro bloque, personaxes como Santa Ana ou María Magdalena, que se relacionan de xeito máis directo coas vicisitudes da Nai de Xesús. Aínda que non se trata de personaxes principais, a presenza no relato destas figuras santas xustifícase porque nas, cantigas nas que aparecen, relátanse episodios que se poderían considerar análogos a situacións protagonizadas pola Virxe e por distintas persoas polas que Ésta intercede. Contribúen, xa que logo, á construción da escena na que actúa Santa María

Loading