«Afonso X e as Cantigas de Santa María localizadas en Galicia»


Autor Negri, Manuel

Título Afonso X e as Cantigas de Santa María localizadas en Galicia

Otros autores M. Brea - P. Lorenzo Gradín

Título revista/libro Afonso X e Galicia

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia

Año 2021

Páginas 479-506


Resumen
O autor parte dos traballos pioneiros de Filgueira Valverde sobre a vinculación das Cantigas de Santa María e Galicia, nos que se identificaban sete composicións con referencias claras a topónimos galegos. Deste xeito, analízanse as referencias que aparecen na cantiga 22, que menciona Armenteira; a 77, na que se alude a Lugo; a 104, cunha referencia a Caldas de Reis; a 304, que menciona unha aldea de nome Ribela, que, tal e como suxerira Filgueira, podería ser un lugar preto de Xinzo de Limia; e a 317, na que aparece un Santa María do Monte de moi incerta identificación, que podería enviar, entre outros lugares, a Triacastela, o monte Faro (Chantada) ou Castroverde. De cada unha das pezas analízanse as fontes narrativas, as relacións con lendas miraculísticas afíns ou a recepción nos séculos seguintes, como sucede co milagre de Armenteira, que gozou de ampla difusión ata os tempos actuais. En apéndice ofrécense os textos estudados

Loading