«Las reliquias como símbolo político»


Autor Muñoz Machado, Santiago

Título Las reliquias como símbolo político

Título revista/libro El Cronista del Estado Social y Democratico de Derecho

Año 2013

Volumen 40

Páginas 58-78


Resumen
Analiza a importancia das reliquias e as súas consecuencias ideolóxicas, políticas e económicas do seu culto. Para as consideracións referidas ao período medieval alúdese a testemuños literarios, como a tradición do Codex Calixtinus (para o que atinxe ao santuario de Santiago de Compostela), Lucas de Tui (para a traslación do corpo de Santo Isidoro de Sevilla a León) ou Berceo (para San Millán de la Cogolla e Santo Domingo de Silos). Saliéntase a importancia dos libros de milagres que se asocian aos diferentes santuarios. Así mesmo propóñense cuestións diversas, como o tráfico comercial de reliquias, os roubos, as reliquias falsas, as ambivalencias que suscitaban os peregrinos, as desconfianzas e os debates que se desenvolveron sobre estes asuntos, especialmente dende a Reforma e o Concilio de Trento

Loading