«O modelo de poeta-amante no Cancioneiro Geral: a presença de Macias em debates e comparações»
Autor Morán Cabanas, María Isabel
Título O modelo de poeta-amante no Cancioneiro Geral: a presença de Macias em debates e comparações
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada Cruz
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2013
Páginas 469-482
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
Estuda o proceso de mitificación de Macías o Namorado na literatura portuguesa, que se iniciaría co Cancioneiro geral de Garcia de Resende. Para isto, a autora analiza diversos poemas desta recompilación, nas que se alude ao trobador galego, rexistrando as diversas actitudes morais ou datos biográficos que se lle atribúen e que van constituíndo a súa lenda. Macías aparece neles como modelo de amante e poeta, exemplo unhas veces de sufrimento e outras voceiro do "cuidar" no debate amoroso contra o "sospirar", representante dos condenados ao inferno dos namorados e sempre paradigma co que os contemporáneos deben compararse para ponderar a sinceridade e a intensidade da súa paixón. Ademais, como figura pertencente ao pasado e constituínte dun panteón do Amor, as alusións a Macías, convertidas en tópico poético, asóciase a outro tema recorrente da literatura da época, o da Fama e a pervivencia do nome e a reputación a través do tempo. Entre os exemplos aducidos atópanse composicións de Duarte de Brito, António Meneses ou João Gomes da Ilha, así como o debate do Cuidar e suspirar. Alúdese, tamén, a autores en lingua castelá, que contribuíron á elaboración da lenda de Macías, como o Marqués de Santillana, Garci Sánchez de Badajoz ou Juan Rodríguez del Padrón
![]()
