«A estrutura métrica de algumas das Cantigas de Santa Maria»
Autor Montero Santalha, José-Martinho
Título A estrutura métrica de algumas das Cantigas de Santa Maria
Título revista/libro Agália. Revista de Ciências Sociais e Humanidades
Año 2008
Volumen 93-94
Fascículo 1
Páginas 87-134
Resumen
Leva a cabo un repaso de varias das Cantigas de Santa María, para emendar algunhas das propostas que fixo Mettmann na súa edición dos corpus relixioso afonsí, especialmente nos refráns das composicións. Para tal tarefa toma como referencia o criterio que aplicara István Frank na poesía trobadoresca occitana, centrado no concepto de rima e a súa condición estruturadora métrico-rimática. Deste xeito, considera a posibilidade da existencia, no só de rima final nas cantigas marianas, senón tamén de rima interna ou mesmo de versos carentes de rima, que poderían aparecer se se aplica de modo sistemático o principio do isosilabismo. As cantigas analizadas son as nº 32, 33, 37, 57, 60, 87, 90, 91, 100, 102, 106, 107, 116, 160, 187, 190, 204, 210, 211, 220, 250, 276, 317, 320, 327, 340, 384, 405, 406, 407, 420 e 422
![]()
