«Os pronomes tónicos oblicuos libres min e mi nos cancioneiros trobadorescos»


Autor Monteagudo Romero, Henrique

Título Os pronomes tónicos oblicuos libres min e mi nos cancioneiros trobadorescos

Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía

Año 2019

Volumen 20

Páginas 91-118

Enlace https://doi.org/10.17979/rgf.2019.20.0.5921


Resumen
Salienta a pertinencia dunha análise como a presente, debido ás confusións e dúbidas que provocan a diversidade de grafías coas que se representan nos cancioneiros os devanditos pronomes de primeira persoa, o que a miúdo provoca dificultades á hora de establecer se a que se emprega corresponde a unha forma tónica ou átona. Tras o pertinente estado da cuestión, o autor céntrase nos casos en que eses pronomes desempeñan as funcións de acusativo libre e de dativo libre, na posición que os pronomes ocupan dentro das cláusulas con verbo persoal, nas cláusulas con verbo non persoal e construcións causativas e, en fin, nos casos dubidosos de mi e . Para completar a perspectiva tamén se teñen en conta outros textos coetáneos, como as Cantigas de Santa María ou documentación do reinado de D. Dinis. O presente traballo anúnciase como un adianto dunha contribución máis ampla, que estudará os pronomes personais átonos de primeira e terceira persoas do singular

Loading