«Segudar, non segurar: "Da ren que mays amey / daquela me segudades"»


Autor Monteagudo, Henrique

Título Segudar, non segurar: "Da ren que mays amey / daquela me segudades"

Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric

Año 2013

Volumen 1

Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2014/12/Monteagudo-Segudar-Article.pdf


Resumen
O autor propón unha nova lectura para o derradeiro verso da primera estrofa de E por que me desamades (B 40) de Osoir'Anes. O traballo comeza repasando as propostas dos editores que previamente se achegaron a esta cantiga, todas elas fieis á lectura que fixera Carolina Michäelis. Repasa a continuación a presenza do verbo segurar e dos termos da familia léxica de seguro na documentación medieval galega e os seus significados. Porén, a lectura que ofrece o texto do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, o único testemuño que transmite esta peza, é clara e obriga a considerar outra solución: o vocábulo segudades, forma do verbo segudar ou segũdar, que se documenta en textos galegos e portugueses, como na Tradución galega da Crónica Xeral e da Crónica de Castela, nos Foros de Castelo Rodrigo; e, sobre todo, en textos e en autores casteláns, como o Cantar de mío Cid, o Libro de Alexandre, o Libro de Apolonio, a historiografía afonsí ou a obra de Berceo. Entre os sentidos que asume o termo en cuestión están os de 'expulsar' e 'apartar', que serían os que asume na cantiga de Osoir'Anes

Loading