«A achega galega á lírica trobadoresca»


Autor Monteagudo, Henrique

Título A achega galega á lírica trobadoresca

Título revista/libro Grial. Revista Galega de Cultura

Año 2021

Volumen LIX

Fascículo 231

Páginas 132-139


Resumen
Propón unha reconsideración da aportación galega á lírica trobadoresca, que considera que foi en parte esvaída na historiografía tradicional para así favorecer e esaxerar as achegas que fixeron as figuras rexias, como Afonso X ou D. Dinis. Con esta alteración buscouse a apropiación da lírica por parte das literaturas nacionais española e, sobre todo, portuguesa. O autor sitúa o comezo deste proceso na fase mesma de recolla dos cancioneiros, que se levou a cabo nos grandes scriptoria rexios, pero acentuouse durante o século XIX. Reconstrúe o proceso de redescubrimento e edición do corpus trobadoresco por parte dos estudosos, dese século e primeiros anos do XX, ofrecendo un breve percorrido polas aportacións das principais figuras e fitos editoriais. Observa un cambio de orientación entre as edicións máis temperás, nas que se fai fincapé no carácter aristocrático do corpus trobadoresco, fronte ás posteriores, que centran o seu interese nos monarcas ou membros da súa liñaxe, como o conde D. Pedro de Barcelos. Aborda tamén o problema da caracterización da lingua trobadoresca a partir dos prexuízos nacionais, especialmente evidente nos filólogos portugueses da segunda metade do século XIX, que, como foi o caso de Leite de Vasconcelos ou Braga, empregaron denominacións diversas para evitar a denominación da lingua como galego; ou, máis tarde, o de Carolina Michäelis, que adoptou grafías portuguesas para a súa edición do Cancioneiro da Ajuda. O autor defende que a lírica galegoportuguesa posúe en realidade un carácter especificamente galego

Loading