«Los abades de San Salvador de Chantada»


Autor Méndez Pérez, José

Título Los abades de San Salvador de Chantada

Título revista/libro Estudios Mindonienses

Año 2010

Volumen 20

Páginas 211-302


Resumen
O autor retoma os seus estudos sobre o devandito cenobio, despois de que en 2004 publicase un traballo (“O mosteiro benedictino de San Salvador de Asma a través da historia”, en J. Méndez Pérez et alii (eds.), Crónicas Chantadinas, Lugo, 2004, pp. 25-34) sobre a historia dos seus priores, dende que o centro foi anexionado a San Benito el Real de Valladolid, en 1496, ata que foi abandonado. Pero tamén responde ao abadoloxio que E. Zaragoza Pascual publicou en Museo de Pontevedra, 59 (2005), pp. 63-72, do que corrixe diversos aspectos. No presente artigo ofrece o abadoloxio do cenobio na súa primeira etapa, dende a súa fundación ata a anexión antedita, ao tempo que analiza outras cuestións relacionadas, como as circunstancias que rodearon a súa fundación, a regla que gobernou o mosteiro neses momentos iniciais ou a presenza da regla de San Bieito en Chantada

Loading