La transformación de la lírica francesa medieval. Poesía de inspiración urbana en su contexto románico (siglo XIII)
Autor Martínez Pérez, Antonia
Título La transformación de la lírica francesa medieval. Poesía de inspiración urbana en su contexto románico (siglo XIII)
Ciudad Granada
Editorial Ediciones de la Universidad de Granada
Año 2013
Páginas 246
Resumen
A autora dálle forma definitiva a unha longa liña de investigación, que desenvolveu durante anos, nunha síntese que tenta fixar as fases e as vías que conducen dos xéneros trobadorescos á lírica subxectiva e persoal, propia do mundo moderno. A partir dos xéneros trobadorescos marxinais e da súa adaptación a un marco urbano, analiza a configuración do dit como un xénero poético novo, máis libre das constricións xenéricas e de rexistro, onde atopan acollida formas marxinais, como o congé, certas modalidades da sátira e o elemento irracional. Dende fins do século XIII configúrase así un novo tipo de poesía, no que o elemento interdiscursivo, a subxectividade e o cuestionamento dos valores tradicionais permiten a «emergencia de una voz lírica que cobra vigor y subjetividad tomando préstamos de la tradición narrativa, el uso de la la primera persona, con una ampliación de objetivos que permite ver un tratamiento más complejo de la sátira, de los materiales pedagógicos, en un ambiente más intelectual y urbano» (p. 230). Aínda que centrado na evolución interna da lírica francesa, contén abundantes incursións nas líricas provenzal, galegoportuguesa e italiana, así como en certos sectores da literatura castelá, especialmente o Libro de Buen Amor
![]()
