«O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza»
Autor Marcenaro, Simone
Título O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza
Título revista/libro Boletín Galego de Literatura
Año 2007
Volumen 38
Páginas 29-51
Resumen
Estudo das cantigas de carácter político, adoptando unha perspectiva comparada entre as tradicións poéticas occitana e galegoportuguesa. A diferenza entre ambas reflíctese na distancia que separa os sirventeses da primeira das cantigas de escarnio da segunda, así como no escaso cultivo, por parte dos trobadores hispanos, de composicións políticas. Porén, advírtense algunhas coincidencias, como o emprego, en ambas as dúas, de hipotextos moi coñecidos que funcionan como recurso satírico. Dentro destas, préstase atención a dúas modalidades compositivas. Por unha banda, aquelas pezas que adoptan como hipotextos cantares de xesta, como a gesta de maldizer de Afonso Lopez de Baian ou os ciclos de cantigas que Lopo Lians lles dedicou aos infanzóns de Lemos e á dona de Soveral. Por outra, examina a que se denomina poesía política «baixo veo», é dicir, cantigas cunha mensaxe política, que adoptan o aspecto dun xénero amoroso coñecido, como as pastorelas e as cantigas de amigo. Entre os cultivadores deste tipo de composicións atópanse Paulet de Marselha ou Cerveri de Girona, entre os occitanos, e Gonçal'Eanes do Vinhal, entre os galegoportugueses
![]()
