«La tradición manuscrita de las cantigas de Pero Garcia Burgalês»
Autor Marcenaro, Simone
Título La tradición manuscrita de las cantigas de Pero Garcia Burgalês
Otros autores A. Martínez Pérez - A. L. Baquero Escudero
Título revista/libro Estudios de literatura medieval. 25 años de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval
Ciudad Murcia
Editorial Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones
Año 2012
Páginas 625-635
Resumen
A análise textual das cantigas de Pero Garcia Burgalês permitiría extraer conclusións amplas, que non só lle afectan á configuración do corpus de cantigas deste autor, senón ao proceso de composición dos cancioneiros galegoportugueses e á revisión do stemma da transmisión textual galegoportuguesa. Deste xeito, o autor supón que nos códices que hoxe en día se conservan confluirían materiais poéticos moi variados, que, para o que atinxe a García Burgalês, permitirían postular a existencia de dúas compilacións das súas cantigas de amor, previas á reunión das composicións de amigo e as satíricas. Posteriormente produciríase a emenda das cantigas de amor, grazas ao cotexo que posibilitaba a dobre tradición textual. O traballo conclúe coa edición dos dous textos nos que se basea esta análise, «Que muitos que mi andan preguntando» (A106/B214-215) e «Moir’e prazme, si Deus me perdon» (A91/B195)
![]()
